Skip to main content
Mondoñedo

Nova edición do Concurso de Fotografía ‘O Mellor Recuncho de Mondoñedo’

Por 9 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, convoca o VIII Concurso de Fotografía O Mellor Recuncho de Mondoñedo e que ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2023 coas mellores fotografías de recunchos da localidade.

O concurso está aberto a todas as persoas físicas que desexen participar agás aquelas vencelladas de forma directa co Concello de Mondoñedo e familiares de 1º e 2º grao ascendentes e descendentes das persoas que integreno xurado así como as súas respectivas parellas.

Cada participante poderá presentar só unha foto ao concurso. As fotos presentaranse en soporte dixital no seguinte enderezo decorreo electrónico: recunchosdemondonedo@gmail.com antes do 30 de novembro. O xurado reunirase en sesión única nos comezos do mes de decembro e fallará sobre os as propostas presentadas.

Establécese un premio composto dun lote de produtos culturais de Mondoñedo.