Skip to main content
Ribadeo

Os pensionistas e xubilados de Ribadeo seguen na rúa defendendo os seus dereitos

Por 4 Novembro, 2023Sin comentarios

Os pensionistas e xubilados de Ribadeo seguen na rúa defendendo os seus dereitos malia o temporal de vento que está azotar na Mariña. Así, voltaron á rúa en reivindicación dunhas pensións e servizos públicos dignos baixo o lema “Goberne quen goberne as pensións e o público defendese”.

Este grupo de pensionistas da Mariña, máis concretamente de Ribadeo, Lourenza, Mondoñedo, Foz e Barreiros, decidiron integrarse no movemento Movemento Galego pola Defensa das Pensions e os Servizos Públicos ou Modepen, nacendo así en xaneiro deste ano 2023 Modepen A Mariña.

“Como consecuencia das reformas sobre pensions do 2011 e 2013, dos gobiernos de Zapatero e Rajoy, claramente encamiñadas a devaluar o sistema público de pensións coa intención de favorecer plans de pensións privados para beneficio da banca e aseguradoras, e sobre todo coa aprobación polo Gobernó de Rajoy de subir as pensións o 0,25% a partir do 2015, xerouse unha fonda preocupación pola perda de poder adquisitivo”, din dende o novo colectivo.

“Dada a situación de deterioro a que estaba sometendo o sistema público de pensións, un dos dereitos históricos mais sensibles e necesarios para as familias traballadoras, tanto por conta allea como autónomos, en 2015 un grupo de pensionistas de Pontevedra e Vigo decidiron crear a plataforma”, engaden.