Skip to main content
Viveiro

Por Viveiro tratará no Pleno o estado do parque da Atalaia, as bandeiras da avenida de Galicia e as subvencións a clubs

Por 2 Novembro, 2023Sin comentarios

O grupo político Por Viveiro vai presentar varias mocións no pleno para a súa probable aprobación. Estes rogos tratan sobre o estado das bandeiras situadas na avenida de Galicia, diante da estación de Autobuses, o parque da Atalaia e as subvencións a clubs e asociacións deportivas.

Esta bandeiras ” presentan un avanzado estado de deterioro, feito que da lugar a unha imaxe de desleixo e abandono.

O parque infantil da Atalaia en Celeiro “está nun estado lamentable pois o mobiliario está en mal estado ou totalmente inservible, herba sen cortar, maleza no muro de peche, etc. É dicir, o estado actual do parque imposibilita o seu uso e desfrute por parte da veciñanza”.

Xa por último e en novembro “os clubs e asociacións deportivas teñen pendente de ingresar por parte do Concello as subvencións, tanto nominativas como de organización de eventos, correspondentes ó ano 2023, feito que compromete a posibilidade de planificar os orzamentos da tempada recentemente comenzada, de facer fronte ós gastos da mesma e a organización de novos eventos”.

Polo que dende Por Viveiro rogan ao equipo de Goberno “á realización das xestións necesarias para a reposición das bandeiras, a eliminación das deficiencias no parque e a explicación da previsión de data de abono das subvencións do ano 2023”, din.