Skip to main content
Viveiro

Por Viveiro pídelle ao Goberno local que informe sobre o proxecto da explanada da variante

Por 18 Novembro, 2023Novembro 23rd, 2023Sin comentarios

Por Viveiro presenta un rogo para a reparación inmediata das fochancas da explanada da variante de Viveiro no Pleno de Goberno local, a través do seu portavoz, Bernardo Fraga Galdo.

Así, desde a agrupación política indican que o pasado 17 de xullo de 2023 anunciábase que a coñecida como explanada da variante pasaba a ser titularidade municipal, logo de anos de enfrontamentos entre o Concello e Costas do Estado sobre a zona, o que suporía unha reparación inmediata da zona para que os veciños despois de anos de espera puideran ver a explanada reparada e urbanizada correctamente.

Porén, critican que “se ben o lóxico sería pensar que o Concello tería un proxecto elaborado previamente para reparar a zona mediante acordo cos dous promotores dos edificios, que serán os encargados de sufragar a maioría das obras, resulta que iso non existía no momento de cesión dos terreos por parte de Costas, pasaron xa 4 meses da cesión dos terreos, e salvo tapar as fochancas con zahorra, as cales por certo, volven a estar igual, nada se sabe do proxecto nin do acordo cos promotores”.

Por isto, rogan ao equipo de Goberno que informe ao Pleno da Corporación Municipal de cales foron as reunións mantidas cos dous promotores, cantas e en que datas se levaron a cabo, en que estado se atopa o proxecto de execución e cal é o prazo previsto para o inicio das obras.