Skip to main content
Axenda CaducadaO Vicedo

O XXIX Encontro interxeracional de avós e netos do Vicedo será o 18 de novembro

Por 7 Novembro, 2023Sin comentarios

O alcalde do Vicedo, Jesús Novo, publicou un bando para informar sobre o vindeira celebración do Encontro interxeracional de avós e netos que será o póximo 18 de novembro.

Poderán participar neste encontro, que ten lugar no pavillón polideportivo, aquelas persoas empadroadas no municipio que sexan xubiladas acompañadas polos seus cónxuxes, aínda que este último non estea xubilado e tamén polos netos, con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos.

O prazo de inscrición está aberto ata o 15 de novembro e pode realizarse nas dependencias municipais dos Servizos Sociais, onde se lles entregará a entrada que este ano conta cun copago de tres euros por adulto.