Skip to main content
Axenda CaducadaLourenzá

A comisión de festas de Canedo, en Lourenzá, organiza unha cea baile

Por 5 Novembro, 2023Sin comentarios

A comisión de festas de Canedo, parroquia de Lourenzá, organiza para o vindeiro sábado 11 de novembro, unha cea baile que será no campo da festa local.

A cita será a partir das 21.30 horas e contará con menú de adultos por 26 euros e infantil por 15. O menú consta de fabada, costela asada de porco, sobremesa, café e chupito.

Para asistir será necesario coller as entradas antes do 9 de novembro no Xiraldo, Gayoso, Pipote, Galaxia, Aturuxo, Morrigan ou Torreón. Ou a calquera dos tres membros da comisión.

Máis tarde haberá unha verbena amenizada polo trío Zafiro e DJ Billy, e ademais contarán con sorteos e sorpresas. O evento celebrarase baixo carpa, con calefactores si o tempo non axuda.