Skip to main content
Agenda CaducadaAxenda CaducadaChantada

A plataforma Chantada quere sanidade organiza unha concentración

Por 3 Novembro, 2023Novembro 4th, 2023Sin comentarios

A plataforma Chantada quere sanidade organiza unha concentración pola defensa dos servizos do centro de saúde do Concello e do hospital. A mobilización será o vindeiro sábado 4 de novembro.

Ademais desta proposta, que comezará ás 12.00 horas diante do centro de saúde, dende a plataforma tamén están impulsado outras accións como a recollida de sinaturas de papel, a formulación de queixas en papel que se rexistrarán conxuntamente e as enquisas en papel e en liña para a recollida de datos.

A precariedade do servizo sanitario levou a un grupo de veciños e veciñas decidisen crear a plataforma Quere Sanidade e así denunciar o estado “cada vez máis precario” do servizo sanitario que reciben, demandar melloras sanitarias no eido local e tamén na área sanitaria na que se inscriben e así tratar de reverter a situación.