Skip to main content
Agenda CaducadaAxenda CaducadaQuiroga

Quiroga celebra as súas festas en honor a San Martiño o 11 e o 12 de novembro

Por 3 Novembro, 2023Novembro 4th, 2023Sin comentarios

Quiroga celebra as súas festas en honor a San Martiño os días 11 e 12 de novembro. No Concello prepararon unha programación con propostas musicais e literarias para todos os gustos.

O programa das patronais comeza o sábado 11 ás 11.00 horas cunha alborada polo barrio da Praza co grupo de gaitas O Recanto. A partir das 12.00 horas dará inicio a misa solemne e procesión coa banda de gaitas San Martiño.

Xa pola tarde, a partir das 18.00 horas, os veciños poderán achegarse Casa da Cultura á presentación do libro As faces do diamante da autora Celia Díaz. O magosto será ás 19.00 horas na Praza Maior. Os asistentes tamén poderán gozar da actuación co grupo O recanto. A festa da man da disco móbil Apolo será ás 20.00 horas.

A programación do domingo comeza ás 18.00 horas cunha proposta teatral dentro do Circuito de Teatro Afeccionado da Deputación Provincial. O grupo de teatro de Burela Os Torques poñerá en escena no Auditorio Municipal a obra ODT-TVE.