Skip to main content
Agenda CaducadaAxenda CaducadaChantada

A exposición de retratos de David Quinteiro xa pode visitarse en Chantada

Por 3 Novembro, 2023Novembro 4th, 2023Sin comentarios

Desde este venres 3 de novembro, a Casa da Cultura do Concello de Chantada acolle a exposición de retratos do artista David Quinteiro, que poderá visitarse ata o vindeiro 30 de novembro.

Os interesados poden achegarse de luns a sábado de 10.00 a 14.00 horas e de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas a desfrutar destas obras que reflexan os ollos e miradas de diversas persoas.

David Quinteiro é graduado en Belas Artes pola Universidade de Vigo e actualmente desenvolve a súa actividade no eido da pintura, neste caso concreto centrándose en pintar retratos e miradas.