Skip to main content
Axenda CaducadaO Saviñao

O Saviñao pon en marcha un concurso de postais de Nadal para a cativada

Por 9 Novembro, 2023Sin comentarios

O Saviñao acaba de poñer un marcha un concurso de postais de Nadal dirixida aos nenos e nenas do Concello. Poderán participar os alumnos de infantil, primaria e ESO. O prazo de presentación está aberto ata o vindeiro 27 de novembro ás 12.00 horas.´

Os interesados poden achegar a súa postal ao Concello ou aos colexios de Escairón e Currelos. Haberá cinco categorías: infantil para 4º, 5º e 6º de infantil; primaria A para 1º, 2º, e 3º de primaria; primaria B para 4º, 5º e 6 de primaria; ESO para 1º, 2º, 3º e 4º de ESO e unha categoría absoluta.

A postal gañadora absoluta será publicada no calendario de Nadal do Concello. Cada participante só pode presentar un deseño de técnica libre, podendo utilizar pinturas, témperas, ceras, etc. O tamaño das obras será en DIN-A4, sendo obrigatorio o formato horizontal. O material de soporte pode ser papel ou cartolina e as tarxetas deberán ser inéditas.

Para entregar as postais débese indicar nome e apelidos do neno ou nena, dirección, curso, centro escolar e data de nacemento. Os gañadores de cada categoría recibirán un vale de 50 euros e un diploma acreditativo.