Skip to main content
Axenda CaducadaXove

Comezou o prazo de inscrición do VI Torneo de Nadal Club de Bolos Xove

Por 21 Novembro, 2023Sin comentarios

Comezou o prazo de inscrición do VI Torneo de Nadal Club de Bolos Xove que este ano celebrarase o 23 de decembro.

No torneo haberá categorías absoluta, veterano, feminina e xuvenil. O evento dará comezo o sábado ás 16.00 horas e despois haberá unha cea de confraternización. A inscrición ten un prezo de 15 euros e inclúe a cea.

Para anotarse haberá que chamar aos teléfonos 639 552 472 ou 617 833 949 antes do 17 de decembro.