Skip to main content
Axenda CaducadaParadela

A Banda de Música de Paradela celebrará o seu 150 aniversario

Por 12 Novembro, 2023Novembro 13th, 2023Sin comentarios

A Banda de Música de Paradela celebrará durante a festa de Santa Cecilia, o vindeiro 26 de novembro, un acto en conmemoración e posta en valor da súa actividade durante os seus 150 anos de vida.

Así, contarán con diferentes directores doutras bandas de música, que se achegarán para facer desfrutar aos veciños e veciñas da música tradicional e recordaranse a todas as persoas que fixeron posible mantela viva tanto tempo.

Tamén haberá unha unha misa ás 13.00 horas e farase unha presentación dos gaiteiros coa banda. Da mesma maneira, actuará o coro infantil e a banda e, para rematar, haberá unha comida conxunta nun restaurante.