O Concello de Vegadeo organiza un mercado de segunda man o vindeiro 9 de decembro, que será no recinto feiral. É gratuíto para expositores e visitantes.
O horario virá marcado pola opción con máis votación do formulario e poderán participar particulares, asociacións, ONG, etc. Está prohibida a venda de animais, medicamentos, armas e alimentación.
Dende o Concello proporcionarán taboleiros e caballetes para a montaxe de mesas.
O prazo de inscrición está aberto ata o 2 de decembro. Para que se celebre este mercado, haberá que contar cun mínimo de 10 participantes, na data de finalización de inscrición
