Skip to main content
Axenda CaducadaChantada

Chantada acolle catro charlas informativas sobre servizos financeiros e consumo reponsable

Por 15 Novembro, 2023Sin comentarios

O Telecentro de Chantada acollerá catro charlas informativas impartidas polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia – Xunta de Galicia.

As actividades, que son de carácter gratuíto Terán lugar os luns 20 e 27 de decembro e 11 e 18 de decembro. A primeira xornada será sobre os dereitos básicos das persoas consumidoras. Deste xeito, os asistentes poderán saber como reclamar.

O día 27 o Instituto Galego do Consumo e da Competencia achegará ao Concello de Chantada unha formación sobre servizos financeiros e bancarios, na que se falará de contas de pago básicas e tarxetas, entre outras cousas. O luns 11 trataranse os servizos no fogar: luz e auga. A última das xornadas será sobre consumo responsable e decisións de compra. Nesta xuntanza, trataranse os prezos e o etiquetado.