Skip to main content
Axenda CaducadaChantada

Chantada acolle o contacontos ‘Rapazas de Conto’ con motivo do 25 N

Por 23 Novembro, 2023Novembro 24th, 2023Sin comentarios

Dentro das accións relacionadas co Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, este venres 24 de novembro terá lugar a proposta ‘Rapazas de Conto’ da man de Marisa Irimia no Concello de Chantada.

A iniciativa comezará ás 17.00 horas na Biblioteca Pública Municipal de Chantada. Trátase dun espectáculo de narración oral que ten o obxectivo de fomentar valores igualitarios.

A sesión pretende, a través do poder da palabra e dos contos, previr a violencia contra a muller dende a infancia.