Skip to main content
Axenda CaducadaMonforte

The show moscón de Galitoon será representada este domingo en Monforte

Por 30 Novembro, 2023Sin comentarios

Dentro do Ciclo da Rede de Teatros e Auditorios da Xunta, este domingo 2 de decembro ás 18.00 horas terá lugar a posta en escena da obra The show moscón de Galitoon, obra composta e dirixida por Francisco Casteleiro e coa interpretación de Lucía Aibar e Chisco Casteleiro.

A obra, dirixida a público infantil e familiar, terá un prezo de 5 euros a entrada xeral e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados e celebrarase no Edificio Multiusos.

A sinopse di que The Show Moscón é un circo ambulante de “varietés”, presentado por un moscón gordo e rollizo. Un marabilloso circo, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os seus diferentes números. Nace como homenaxe ás diferentes escolas e técnicas de manipulación, aprendidas ó longo destes anos e utilizadas nos seus distintos traballos de teatro e televisión, así como, a través da inspiración do traballo doutras compañías de teatro e circo como: Hugo & Ines, GaiaTeatro, Cia El retrete de Dorian Grey, Jordi Bertran Company o Mago Lioz Shem.

A seguinte obra programada polo equipo de Goberno do Concello de Monforte, dirixida para todos os públicos, será A cegueira de Cupido de Viraventos-Monforte que terá lugar o sábado 16 de decembro na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro ás 20.00 horas, sendo a entrada gratuíta.