Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

A Vicepresidencia da Deputación anima ao CD Lugo como principal patrocinio institucional

Por 10 Novembro, 2023Sin comentarios

O vicepresidente da Deputación de Lugo e deputado de Deportes Efrén Castro achegouse a un adestramento do CD Lugo no Anxo Carro, onde saudou a xogadores e persoal técnico do club albivermello.

Efrén Castro trasladou ao equipo os parabéns por un inicio de temporada moi ilusionante na que contarán co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, como principal patrocinio institucional.

O responsábel provincial explicou que “aumentamos a aposta polo CD Lugo coa vontade de colaborar no difícil reto que afrontan esta temporada para devolver a cidade á categoría de prata do fútbol estatal” e valorou “a contribución do equipo á proxección da imaxe de Lugo”, sinalando tamén “a importancia de que as nenas e nenos e tamén os clubs de base teñan referentes próximos”

Entre outras accións, o acordo inclúe o desenvolvemento dunha campaña de uso do galego dirixida aos clubs lucenses, que se levará a cabo ao longo da temporada.