Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O Emevé presentou todos os equipos da tempada, integrados por 500 xogadores

Por 12 Novembro, 2023Sin comentarios

O pavillón Municipal de Lugo acolleu a presentación oficial dos equipos de todas as categorías do Club Voleibol Arenal Emevé, que conta con máis de 500 xogadores e xogadoras competindo esta tempada.

Durante a sesión presentáronse todos os equipos, que van desde os prebenxamíns ata o sénior, tanto nas categoría masculina como feminina

O deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, destacou no acto o potencial do club, único en España con dous equipos xogando na máxima categoría do voleibol. “O Emevé é todo un referente do deporte na nosa provincia con máis de 40 anos promocionando e levando o nome de Lugo ao máis alto do voleibol”. Un club, quixo recalcar o Deputado, “clave no impulso do deporte feminino e da loita pola igualdade, que ten entre os seus principais valores deportivos, capitaneado pola súa Presidenta Bibí Bouza”. Neste senso, subliñou Miguel Fernández, o traballo que se desenvolve na Deputación de Lugo vai en plena sintonía cos valores do club lucense, pois “aplicamos a perspectiva de xénero en toda a nosa acción política, e o deporte é un dos mellores vehículos para chegar a moitos nenos e nenas como os que hoxe temos aquí nesta gran canteira do voleibol da provincia”.

Pola súa banda, a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, animou “á familia do Emevé a traballar duro para ver recompensado o esforzo nos partidos que disputen durante a tempada”. Tamén recordou a importancia de que a inmensa maioría dos equipos, “tanto na liga escolar como nas competicións autonómica e nacional, sexan femininos”, creando referentes no mundo do voleibol para as vindeiras xeracións, promovendo a participación activa das mulleres e nenas no deporte.