Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Uns 300 estudantes participaron na charla de Cata Pollini no ciclo ‘Luz ao Deporte’

Por 15 Novembro, 2023Sin comentarios

Uns 320 alumnos e alumnas dos IES lucenses Nosa Señora dos Ollos Grandes, Xoán Montes, Ánxel Fole e do CIFP Politécnico asistiron este martes á charla ofrecida por Cata Pollini, Team Manager do Ensino, dentro do ciclo Luz ao deporte, que organiza por segundo ano a Fundación Breogán coa colaboración do Goberno galego.

Cata Pollini, que brillou no baloncesto internacional e xogou no Ensino, falou na Delegación Territorial da Xunta da súa traxectoria profesional e das súas vivencias persoais.

O ciclo Luz ao deporte busca achegar á mocidade a deportistas de primeiro nivel que lles poidan transmitir valores e actitudes que teñan un impacto positivo na súa educación. Esta edición xa contou coas intervencións do ex-xogador de baloncesto Sergi Grimau e o adestrador do CD Lugo, Pedro Munitis. Completarase coa participación de Veljko Mrsic, adestrador do Breogán.