Skip to main content
Baleira

O Concello de Baleira mercou maquinaria para os servizos medioambientais municipais

Por 9 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Baleira mercou maquinaria para os servizos medioambientais municipais a través dunha achega de 72.750 euros do Fondo de Compensación Ambiental. Con esta axuda tamén se fixeron melloras en dous núcleos.

A maquinaria recibida consiste nunha cuña quitaneves e un esparexedor de sal  para incorporar a un vehículo tipo ‘pick up’, e unha trituradora forestal para un tractor.

Estas adquisicións facilitarán as condicións de circulación nas vías de titularidade municipal de Baleira, e resultan especialmente necesarias para reducir as situacións de risco no inverno debido á orografía e á climatoloxía deste concello de montaña.

Así mesmo, o concello de Baleira conseguiu axudas para renovar a instalación de iluminación pública de Vilar de Pousada, neste caso con cargo aos orzamentos do fondo que se asignan por concorrencia competitiva.