Skip to main content
Castroverde

O BNG de Castroverde pide a mellora da accesibilidade ao Castelo

Por 22 Novembro, 2023Sin comentarios

Tamén solicita un aumento nos orzamentos para destinar a axudas a entidades culturais e deportivas.

A través da concelleira Iria Castro o BNG de Castroverde presentará dúas mocións no vindeiro pleno do mes de novembro. Unha delas pedindo a mellora na accesibilidade ao Castelo de Castroverde e outra pedindo a mellora para os orzamentos do 2024 das partidas destinadas as subvencións para entidades culturais e deportivas.

“A mellora da sinalización, do alumeado e o acondicionamento do acceso ao Castelo serviría para de por en valor esta fortaleza que representa o poder que Castroverde tivo durante o século XIV” explica a voceira do grupo municipal.

A outra moción que se presentará fai referencia á mellora por parte do concello das subvencións que se lles outorgan a aquelas entidades deportivas e culturais que “fan un traballo inxente coa rapazada e tamén espallando a nosa cultura e que precisan de recursos para ese traballo” afirma Iria Castro.

O BNG de Castroverde aínda non ten información dos orzamentos municipais para o 2024, “agardamos que estas dúas mocións se teñan en conta á hora de preparar os vindeiros orzamentos” conclúe a Iria Castro.