Skip to main content
Cervantes

O colexio de San Román de Cervantes acollerá a III Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares

Por 6 Novembro, 2023Sin comentarios

O vindeiro sábado 11 de novembro o polideportivo do colexio de San Román de Cervantes acollerá a III Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares.

O delegado territorial, Javier Arias, apuntou que a Xunta colabora co financiamento desta iniciativa “para axudar a poñer en valor a extraordinaria calidade da carne dos Ancares” e para “dinamizar social e economicamente esta zona e atraer visitantes”, na mesma liña que outras actividades celebradas este mesmo ano na comarca e que tamén contaron co apoio do Goberno galego, como a III Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña ou a Ruta da Androlla 4×4.

A xornada do día 11 abrirá ás 11,00 horas e prolongarase durante todo o día. Ademais da degustación de tenreira, haberá feira de artesanía, actuacións musicais e un monólogo do actor cervantego Oswaldo Digón. Ademais, nesta edición será homenaxeado Manuel Méndez López (Manolo de Borzoado), un dos membros fundadores da cooperativa A Carqueixa.