Skip to main content
GuntínLugo

Ameijide pide explicacións sobre o estado da estrada que comunica Lugo con Guntín

Por 18 Novembro, 2023Sin comentarios

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, afirma que a LU-P-2913 (de Coeses a Terlama, intermunicipal con Guntín) é unha das principais vías de comunicación do rural de Lugo, xa que, ademais de conectar Lugo con Guntín, dá servizo a numerosas parroquias do rural lucense como Coeses, Ribas de Miño, Santa Cristina de San Román ou San Martiño Piñeiro, parroquias con bastante densidade de poboación e actividades empresariais, o que converte a esta estrada nunha das máis empregadas cada día tanto por veciños como por profesionais que desenvolven o seu traballo polas parroquias.

“E, como a maior parte da rede viaria provincial, a LU-P-2913 tamén presenta deficiencias moi importantes, como a que se pode ver preto do punto quilométrico 5, onde se afundiu a calzada pola acción dun cauce fluvial que foi comendo o terreo e debilitando a zona ata que venceu a calzada e nada se fixo”, di.

O voceiro provincial popular explica que “a situación empeora e se José Tomé segue sen actuar pode haber unha desgraza xa que hai un terraplén de bastantes metros na zona”.

Antonio Ameijide pregunta se a relación entre José Tomé e Lara Méndez é a causante de que non se actúe nesta estrada provincial. “Moito nos tememos que como Lara Méndez é alcaldesa de Lugo despois de que a Deputación pagase a súa carreira política, agora Tomé non queira axudala para que non lle faga sombra” ao que engade que “de ser así, unha vez máis os egos e as liortas internas dentro do PSOE o único que conseguen é prexudicar aos lucenses”.