Skip to main content
Lugo

Veterinaria acolle este mércores a charla ‘Sen cabalos non hai paraíso’

Por 7 Novembro, 2023Sin comentarios

O especialista en clínica equina do Hospital de Cabalos e Centro de Reprodución Equino Agrodiego ofrece un relatorio o mércores 8, ás 18.00 horas, na Sala de Xuntas da Facultade de Veterinaria, baixo o título Sen cabalos non hai paraíso, no marco do ciclo Apaixonad@s pola Veterinaria.

A participación do tamén vogal da Asociación de Veterinarios Especialistas en Equinos (AVEE) e membro do comité consultivo externo da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC neste foro divulgativo, pretende ampliar a conexión entre o órgano consultor e o centro universtiario lugués, a fin de compartir a súa experiencia profesional e vital con docentes e estudantes.