Skip to main content
Lugo

Organizan un Roteiro Científico pola ruta da Fervenza

Por 10 Novembro, 2023Sin comentarios

A asociación de persoal investigador do Campus Terra da USC AgroMar celebra este sábado 11 de novembro o segundo Roteiro Científico, unha actividade lúdica de carácter gratuíto para todo o público interesado, durante a que Susana Remesar, investigadora do grupo Invesaga, e Esperanza Álvarez, catedrática e investigadora do grupo Uxafores, achegarán aos participantes coñecementos científicos relacionados coa contorna.

O II Roteiro Científico descorrerá pola ruta da Fervenza, que parte desde as inmediacións da capital luguesa cara ao Corgo. A cita é aberta, pero cómpre formalizar inscrición previa na ligazón xa accesible en liña. A saída está prevista ás 9.30 horas, fronte á entrada principal da Facultade de Veterinaria, desde onde partirá un autobús coas persoas inscritas, que, ao remate da xornada matinal, poderán degustar uns petiscos.