Skip to main content
Lugo

O Mercado municipal acolle o sábado unha sesión de swing

Por 10 Novembro, 2023Sin comentarios

O Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros vibrará este sábado, 11 de novembro, a rimo de swing, xa que o colectivo Locas del Swing ten organizada unha sesión aberta e gratuíta a toda a poboación para presentar este tipo de baile.

Así, dará comezo cunha clase aberta ás 12.00 horas a cargo de Lola Saltatore e Nati&Jose. A continuación terá lugar un concerto, sobre ás 13.00 horas, a cargo do grupo The Swinging Flamingos.