Skip to main content
Lugo

Alumnos do colexio A Milagrosa conclúen o programa de visitas a granxas cos Bolechas

Por 11 Novembro, 2023Novembro 12th, 2023Sin comentarios

Daniel García participou neste encontro lúdico, que completa as visitas escolares a granxas.

Alumnas e alumnos do Colexio A Milagrosa de Lugo participaron nun encontro cos Bolechas, organizado pola área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo no marco do programa Da Escola á Granxa.

As visitas de escolares a granxas, pequenas producións agrarias e obradoiros alimentarios do rural, que se veñen desenvolvendo desde o verán coa participación de 4.000 nenas e nenos de infantil e primaria, complétanse con outras actividades de dinamización, que implican aos Bolechas na difusión dunha mensaxe de posta en valor do rural.

Así, a área de Medio Rural e a Editorial Bolanda publican o libro Os Bolechas van da escola á granxa, que desenvolve de xeito didáctico os obxectivos do programa, amosando aos máis pequenos e pequenas o papel fundamental que o sector primario ten na produción de alimentos e no mantemento da biodiversidade do territorio e da paisaxe.

Ademais, os centros educativos que solicitaron as visitas participaron no sorteo deste encontro coas coñecidas personaxes infantís, que recaeu no colexio lucense. Á actividade desta tarde asistiron máis de medio centro de alumnas e alumnos que desfrutaron do espectáculo e da interacción cos Bolechas, e valoraron a súa experiencia nas visitas á granxa ecolóxica Traloagro de Isabel Díaz, en Friol.

O deputado de Medio Rural Daniel García valorou “a actividade coma un espazo máis no que dar eco á mensaxe de reivindicación do rural e de posta en valor da gandaría e da agricultura como sectores estratéxicos para a sociedade que queremos trasladar a través do programa Da Escola á Granxa”.

No acto, no que tamén estivo o vicepresidente da Deputación Efrén Castro, agradeceu “a implicación de Bolanda e dos Bolechas no proxecto é un aliciente tanto para as nenas e nenos como para as propias granxeiras e granxeiros, que no libro Da Escola á Granxa son recreados como uns personaxes máis dese universo infantil”.

O Colexio A Milagrosa é un dos corenta centros que participan nesta segunda edición do programa Da Escola á Granxa, xunto aos de Becerreá, A Pobra do Brollón, Triacastela, Oural (Sarria), Monterroso, Santa Rita de Galdo e Lois Tobío (Viveiro), Terra Chá de Román, Insúa Bermúdez e Mato Vizoso (Vilalba), Riotorto, Xove, Samos, Xermade, Outeiro de Rei, O Páramo, Pantón, Palas de Rei, O Cantel e Nº 1 (Foz) , Alfoz, Quiroga, Guntín, Ribadeo, A Pastoriza, Bretoña (A Pastoriza), Castro de Rei, O Incio, Taboada, Bóveda, Monforte, Paradela, Muras, San Cosme de Barreiros e Lousada, As Mercedes, Santa María e Casás (Lugo). O programa xestiónase a través das asociacións de nais e pais que solicitan as visitas. A área de Medio Rural financia o transporte e a actividade nas 29 granxas que se sumaron a iniciativa.