Skip to main content
Lugo

Lugo acolle a protesta convocada polos populares contra a lei da amnistía

Por 12 Novembro, 2023Sin comentarios

Este domingo o centro da cidade acolleu a protesta contra a lei da amnistía convocada polo PP de Lugo. A concentración, que arrancou ás 12.00 horas na Praza de Armañá fronte á Sudelegación do Goberno, estivo protagonizada por bandeiras de España, da Unión Europea e de Galicia, así como de cánticos a favor de España e en contra de Pedro Sánchez, presidente en funcións, e de Puigdemont.

A corporación do PP municipal encabezou a protesta en defensa da democracia e contra o pacto do Partido Socialista cos independentistas cataláns, á que tamén acudiron diversos cargos da formación política de toda a provincia.

Elena Candia, portavoz do grupo municipal, foi a encargada de ler o manifesto oficial da xornada, que apelaba á unha nación xusta, diversa e igualitaria. Tratouse en todo momento dunha concentración pacífica e tranquila, na que non se chegou a cortar a circulación, e que rematou sen rexistrar ningún tipo de incidente.