Skip to main content
Lugo

O Concello fai balance do retorno económico das actividades deportivas que acolle Lugo

Por 13 Novembro, 2023Sin comentarios

Contabilizaron 84 pernoitas no Stage Judo San Froilán. O evento, celebrado entre o 29 e o 30 de outubro, supuxo un retorno económico superior aos 50.000 euros ao concentrar 453 participantes, aos que hai que sumar as persoas acompañantes.

A concellería de Deportes, que dirixe Jorge Bustos, avanzou a consolidación de Lugo como destino turístico deportivo de referencia na zona noroeste peninsular. “Así, o avalan os datos do pasado mes, onde só en dous días acadouse un retorno económico superior aos 50.000 euros e se conseguiu xerar 184 pernoitas nos establecementos hoteleiros da cidade grazas ao evento Stage Judo San Froilán, que se celebrou entre o 29 e o 30 de outubro”, indicou o concelleiro.

“A nosa liña de actuación para acadar que o turismo deportivo sexa un motor económico importante no noso municipio aséntase sobre dous piares fundamentais: por un lado, a captación do maior número de eventos deportivos, para incrementar a ocupación hoteleira e o consumo hostaleiro de forma permanente e desestacionada, como amosa o resultado desta proba de judo, e, por outro, na promoción do noso patrimonio natural e a nosa rede de instalacións como reclamo para o adestramento e a práctica deportiva. Consideramos que o potencial total da cidade pode situar o retorno anual preto do millón de euros a medio prazo, como avala o balance do Stage San Foilán, que serve para fixar obxectivos futuros e calibrar o impacto dos distintos tipos de eventos”, sinalou Bustos.

Este Stage foi un éxito total de participación e organización, o que lle permite situarse como o segundo Stage en España en número de deportistas participantes. Nesta edición, o evento contou coa participación da deportista ucraína Daria Bilodid, dúas veces campioa do mundo e Bronce olímpico en Tokio 2020, quen impartiu unha masterclass. A actividade xuntou representantes de 44 clubs de toda Galicia, Asturias, Castela León e Portugal que sumaron o total de judokas no tatami lucense.

Grazas á magnitude desta xuntanza deportiva, o retorno económico directo que xerou toda a fin de semana na cidade roza os 50.000 euros, aos que habería que sumar a repercusión asociada ao impacto da imaxe de Lugo a través dos visitantes e dos medios de comunicación. Ademais, o sábado día 30 constatouse que os 453 participantes xantaron na nosa urbe, aos que hai que sumar os seus acompañantes, xa que a maioría eran de categoría infantil e cadete e de fóra da provincia.