Skip to main content
Lugo

Os colectivos afectados polo peche de graos na USC comezan a traballar para a manter a oferta

Por 14 Novembro, 2023Sin comentarios

O portavoz do BNG afirmou que o Campus Terra “ten un importante peso na transferencia de I+D+i ao sector agrogandeiro, un sector clave na economía lucense”.

O BNG convocou onte á tarde a toda a comunidade universitaria e aos distintos colectivos afectados polo peche de graos na USC a unha xuntanza aberta para, segundo explicou o portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo “comezar a traballar co obxectivo de que a USC dea marcha atrás e garanta a oferta no Campus Terra”. Na xuntanza participaron os colectivos de estudantes, profesoras e profesores e persoal do Campus.

Durante a reunión, as persoas asistentes debateron e amosaron a súa preocupación sobre o plan da USC de eliminar do Campus Terra os graos de Paisaxe, Enxeñaría e Procesos Químicos e Enxeñaría Civil, mentres que os graos de Enxeñaría Agrícola e Forestal pasarían a ser compartidos cos campus de Ourense e Pontevedra, pertencentes á Universidade de Vigo. Rubén Arroxo insistiu en que se trata de “graos que teñen un gran vínculo co sector agrogandeiro, un sector clave na economía lucense”, e engadiu “a USC ten que ter un peso importante na transferencia de I+D+i a este sector, e isto non se consigue eliminando titulacións”.

No encontro criticouse o obxectivo da USC de eliminar servizos en Lugo, cunha redución de graos que se suma ao peche do edificio do vicerreitorado, “un emprazamento privilexiado para a USC, cuxa rehabilitación requiriu dun importante investimento para as distintas administracións implicadas, e que foi relegado só a acoller actividades institucionais despois de ser un punto importante na programación cultural da cidade”, explicou o portavoz do BNG.