Skip to main content
Lugo

O Pazo de Feiras de Congresos celebra o seu 25 aniversario

Por 18 Novembro, 2023Novembro 21st, 2023Sin comentarios

O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo celebra o próximo venres a súa festa do 25 aniversario, que terá lugar no recinto a partir das 19.00 horas.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o xerente do Pazo de Feiras, Rubén López, presentaron o cartel, coa actuación das orquestras París de Noia e Trebol, a Disco Móvil Hermo e o DJ Marcos Peón. O evento é gratuíto e está aberto a todas as persoas interesadas ata completar aforo; enviáronse invitacións expresamente aos centros socioculturais e residencias de maiores para que se acheguen a desfrutar da verbena.

A música porá o broche de ouro aos actos de conmemoración, que inclúen tamén unha mesa redonda sobre o labor dinamizador do Pazo de Feiras neste cuarto de século, ou unha comida coas persoas que ao longo do tempo formaron parte do Padroado que o xestiona.