Skip to main content
Lugo

A Federación Veciñal e a UNED organizan unha conferencia sobre enerxencia climática

Por 25 Novembro, 2023Sin comentarios

Este luns, 27 de novembro, a Federación Veciñal Lucense en colaboración coa UNED-Lugo, realizará unha Conferencia sobre Emerxencia Climática ás 19:00horas no Local Social da rúa Luis Ameijide, número 10 Entrechán C e dentro do Programa Ambiental que está a desenvolver a Federación Veciñal Lucense coa Deputación Provincial de Lugo.

Esta iniciativa, recollida baixo o nome de Emerxencia Climática. Educación para o Desenvolvemento Sostible e amparada dentro do proxecto LugoNaturalMente, xorde co obxectivo de concienciar á sociedade lucense sobre a crise climática actual mediante a divulgación ambiental. Trátase dunha conferencia impartida por Ana Traseira, directora da UNED-Lugo, e por Paula Fernández, bióloga ambiental, onde se fai un repaso histórico sobre o cambio climático, dende a súa orixe, seguindo polas súas causas e consecuencias.

Ademais, comentamos cos asistentes sobre como poden participar na causa a través do activismo social e ofrecémoslles recursos tanto bibliográficos (que poderán atopar na súa maioría na biblioteca de UNED) como visuais para afondar no tema tratado.

A entrada a dita Conferencia será libre e gratuíta.