Skip to main content
Lugo

A cidadanía está convocada este sábado á manifestación da Plataforma Feminista

Por 24 Novembro, 2023Sin comentarios

A Plataforma Feminista de Lugo celebrarán o 25N con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero cunha nova concentración e manifestación polas rúas de Lugo este sábado.

Este ano o lema escollido en asemblea aberta por todos os colectivos feministas da cidade que colaboraron nos actos, é  Xuntas rompendo silencios cómplices.

A manifestación terá a súa saída diante do Edificio Multiusos da Xunta, na Ronda da Muralla, as 20.00 horas. O itinerario será o seguinte por Ronda da Muralla (contrasentido da circulación dos vehículos), subida por Rúa Teatro, Santo Domingo, Conde Pallares, Praza Maior e baixada pola costa á Praza de Santa María, onde se procederá á lectura do manifesto, que este ano recae sobre a lucense Margarita Ledo Andión.