Skip to main content
Lugo

Aspnais recibe un vehículo adaptado para mellorar a súa atención

Por 25 Novembro, 2023Sin comentarios

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, fíxolle entrega a ASPNAIS dun vehículo adaptado para que poidan mellorar os servizos e o transporte dos usuarios nos seus centros. Durante o acto explicou que esta furgoneta concédese no marco da orde de axudas a entidades sociais por valor de 3,6 millóns de euros para a compra de vehículos.

A directora xeral concretou que foron preto de 80 as entidades sociais de toda Galicia as que resultaron beneficiadas desta orde de axudas e que puideron solicitar de forma anticipada a subvención para a adquisición do vehículo. Así mesmo, lembrou o compromiso do Goberno galego co tecido asociativo para poñer a disposición de todas as persoas con discapacidade e das súas familias os mellores servizos e prestacións.

Neste sentido, Abeijón fixo fincapé no concerto social que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou esta mesma semana con estas entidades para consolidar máis de 5.000 prazas de atención á discapacidade por toda Galicia. Un acordo histórico que suporá máis de 100 millóns de euros de investimento ao ano e que lle ofrecerá estabilidade financeira ás federacións que traballan neste ámbito.