Skip to main content
Lugo

A Plataforma sanitaria cre que o servizo do ictus que haberá en Lugo non será completo

Por 26 Novembro, 2023Sin comentarios

A Plataforma pola Defensa da Sanidade e Especialidades do Hula vén de facer público un escrito no que demanda á Xunta de Galicia unha atención completa xa que considera que o anuncio realizado polo concelleiro non é o que demandaba este colectivo.

O conselleiro Julio García Comesaña anunciou na inauguración dunha xornada informativa sobre a actualización de asistencia ao ictus en Galicia, que para habilitar as unidades de Lugo e Ourense compráronse mediante fondos Netx Generation dous equipos de Neurorradiología intervencionista (1 por hospital), que permitirá asumir no propio Hula as trombectomías do ictus dos pacientes de Lugo e evitar os traslados de alto risco a un hospital doutra provincia como era habitual ata o de agora, chegando a este en moitos casos fóra do intervalo de tempo recomendado para a trombectomía.

“Aínda que entendemos que o conselleiro está a anunciar un novo recorte inadmisible para un ictus en Lugo, á vista do calendario de actuacións da Xunta de Galicia do PP, do Conselleiro do mesmo grupo e do propio Presidente da Xunta cos que mantivemos comunicación en diversas ocasións polo seu deixamento na atención das nosas peticións, chegando mesmo a unha pequena liorta co delegado Provincial da Xunta en Lugo, á vez que se anunciaba a adxudicación do equipo para a cirurxía do ictus  e que a Xunta xa tiña a esta data licitado desde o mes de outubro as obras da sala por un importe global de 2 millóns de euros que prevén ter terminada en 2023 e convidaba as Plataformas sanitarias a sumarse ao obxectivo da Xunta de dotar aos lucenses dos mellores equipamentos sanitarios, algo que consideramos totalmente terxiversado, pois quen terá que sumarse aos obxectivos das Plataformas, é a Xunta de Galicia do PP, para que cumpra coas súas obrigacións e non tente enganar á poboación”, explican.

“Alguén se cre que o Conselleiro está a anunciar unha unidade de Ictus completa para Lugo e Ourense ou anuncia un novo sucedáneo recortado, por iso volvémoslle a repetir que loitaremos no tempo e se é preciso en período electoral por unha unidade completa de Ictus da cal unha vez máis facilitamos a composición requirida para Lugo. Non queremos pacientes sen tratamento adecuado ou sen os tratamentos ou coidados posteriores ao Ictus, por iso queremos como equipamento de mínimos para a Unidade de Ictus o que requirimos decenas de veces vía e-mail”, engaden.

Entre as demandas do servizo está un neurólogo de garda 24 horas día, con presenza física no Hula; un neuroradiólogo de garda 24 horas día, con presenza física para diagnóstico e tratamentos, o será tamén o responsable no caso de que despois de aplicados os tratamentos químicos para disolver o trombo e se non se logra o resultado óptimo, será o profesional que acceda á arteria taponada e extraia o trombo (algo totalmente indispensable no tratamento inicial do ingresado).

Tamén solicitan un equipo de enfermaría (cunha ratio de 1 enfermeira/o por cada 4 camas da unidade as 24 horas do día), unha unidade de camas específicas para ICTUS, unha dotación de Monitorización Neurolóxica e un servizo de Rehabilitación global especifico, con axuda á adaptación no fogar, servizos de apoio á mobilidade, sesións reais de rehabilitación, achega de servizo de fisioterapia ao ictus, axuda a pacientes que precisan dun Neuropsicólogo, colaboración de logopeda, plan de rehabilitación cognitiva, axuda e achega social na procura de residencias ou centros de día, axuda social e económica aos pacientes que precisen para o seu coidado dun familiar que pode verse obrigado a abandonar o seu traballo.

Rematan solicitando información e tratamentos para a prevención de repetición dun segundo Ictus e que calquera modificación nos seus plans nos sexa comunicada como parte interesada.