Skip to main content
Lugo

Os Bolechas falan de igualdade nunha visita ao colexio Casás

Por 28 Novembro, 2023Sin comentarios

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, destacou onte ante un grupo de alumnos do CEIP Casás de Lugo, que participaron na actividade Os Bolechas falan das familias, a importancia de adoptar comportamentos igualitarios desde idades temperás e sinalou o apoio autonómico ás diversas tipoloxías de familias.

Esta actividade, que está a organizar a Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (Fagamos), estase a realizar por diferentes colexios da xeografía galega no marco do Plan Corresponsables, co que a Xunta financia diferentes actuacións para apoiar a conciliación corresponsable das familias galegas. Así, a Administración autonómica colabora coas anpas, concellos, entidades de iniciativa social, universidades, federacións de mulleres rurais, bibliotecas, centros culturais, federacións deportivas e asociacións de familias de especial consideración para levar a cabo diversas actividades.