Skip to main content
Negueira de Muñiz

A Asociación Corripa, de Negueira de Muñiz, fará o día 12 de novembro unha actividade de plantación de árbores

Por 6 Novembro, 2023Sin comentarios

A Asociación Corripa ten programada para o vindeiro 12 de novembro unha actividade de plantación de árbores. O obxectivo é compensar a pegada de carbono da edición de 2023 das Xornadas de Ciencia na Aldea.

Será na Pena da Nogueira, en Negueira de Muñíz, ás 10.00 horas con entrada de balde e con seguro e comida incluídos para as persoas participantes.

Corripa é unha asociación constituída en xuño de 2018 e situada na aldea de Robledo, pertencente a Negueira de Muñiz e avoga pola conservación do medio ambiente, a biodiversidade e o mundo rural.

Todas as actividades que realizan van encamiñadas á conservación e posta en valor do medio rural e a biodiversidade dando a coñecer as súas características e as ameazas que o poñen en perigo. Fomentan a participación activa, a formación e o voluntariado ambiental porque cren que son ferramentas clave para concienciar á sociedade da estreita relación que existe entre o ser humano e a natureza e como gran parte da cultura vai ligada a ela.