Skip to main content
Negueira de Muñiz

Os veciños de Negueira de Muñiz protestaron pola falta de profesionais sanitarios

Por 7 Novembro, 2023Sin comentarios

Os veciños de Negueira de Muñiz protestaron onte diante da casa do médico pola falta de profesionais sanitarios no centro de saúde pois levan xa unha semana sen ningún. O médico que pasa consulta neste centro atende en Negueira os luns e os xoves.

A veciñanza do concello menos poboado da provincia de Lugo ten que acudir ata o PAC de Fonsagrada cos conseguintes custos económicos e inconvenientes de mobilidade para a veciñanza pois son 90 quilómetros.

Segundo os responsables sanitarios estase a buscar un médico para substituír ao anterior pero polo momento non atopan ningún.