Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXALugo

Ameijide propón á Deputación un plan de inspección e mantemento de estradas

Por 9 Novembro, 2023Sin comentarios

“En ton construtivo”, o voceiro do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, propón que a Deputación de Lugo desenvolva un plan de inspección e mantemento anual das estradas provinciais que inclúa a revisión do estado de puntos perigosos, pontes, obras de drenaxe transversal, pasos das canles fluviais ou terrapléns e desmontes.

O popular cre que “a seguridade nas estradas na totalidade dos concellos da provincia nos debe preocupar a todos” e, polo tanto, se deben tomar medidas “á vista dos incidentes que incluso provocaron o corte dalgunha vía de titularidade provincial nos últimos días”.

“A pesar de que estes incidentes se deban a causas fortuítas relacionadas coa meteoroloxía”, Ameijide incide en que “se se leva a cabo unha boa inspección acompañada polos labores de mantemento necesarios, pódense evitar algunhas destas situacións”.

“A rede viaria da Deputación de Lugo é fundamental para a vertebración do territorio. Constitúen, en moitos casos, a principal vía de comunicación por estrada de moitos núcleos da provincia. É por iso polo que dende o Grupo Provincial Popular teñen defendido en moitas ocasións a necesidade de aumentar os esforzos para o seu correcto mantemento, conservación e reparación onde sexa necesario. O mantemento das estradas provincias -igual que o das zonas verdes e fluviais e dos edificios de titularidade da Deputación de Lugo- é un dos puntos que os deputados populares propoñían abordar nunha reunión solicitada formalmente co presidente da institución provincial de cara a debater aspectos a ter en conta nos orzamentos da Deputación para o ano 2024”, conclúe.