Skip to main content
Chantada

O Congreso de Control de Velutina do 4 ao 5 de novembro terá lugar en Chantada

Por 4 Novembro, 2023Novembro 26th, 2023Sin comentarios

O Auditorio Municipal de Chantada acollerá esta fin de semana o I Congreso de Control de Velutina. O evento está organizado pola Asociación Galega de Apicultura (AGA) e o GDR Asociación Miño Ulla.

Na cita tratarase a situación da velutina no norte peninsular, a súa evolución e os distintos modelos ou medios de control dela. Entre os profesionais que intervirán atópanse Roberto Delgado de Seaga, que falará sobre a perspectiva de control da velutina; Juan Prado, asesor do Principado de Asturias, que tratará os métodos de control e Marino Fernández, tamén asesor do Principado, que falará sobre o control remoto.

Na segunda xornada, estarán presentes Joaquín Lozano e Gonzalo Calvo para falar sobre a viabilidade das colonias melíferas; a Asociación Galega de Viticultores e o xefe de emerxencias do Concello do Grove, José Antonio Álvarez, entre outros.

Ademais das distintas exposicións, o evento contará cunha mesa redonda e cunha degustación final de produtos da zona da Ribeira Sacra.