Skip to main content
Chantada

Cancélase a VIII Andaina polo Corazón de Galicia en Chantada

Por 3 Novembro, 2023Sin comentarios

O club deportivo Atletismo Chantada vén de comunicar a cancelación da oitava edición da Andaina polo Corazón de Galicia. A nova data de celebración prevista era para este domingo 5 de novembro.

A decisión está motivada pola previsión meteorolóxica. Deste xeito, como se prevé que as condicións non melloren a curto prazo e “co fin de garantir ao máximo a seguridade dos participantes así como o desfrute do evento”, tal e como indican no comunicado, o club decide non levar a cabo a ruta.

Dende á entidade, que agradece o interese e a confianza, van a proceder á devolución da cota de inscrición na tarxeta onde se fixo o ingreso. Posteriormente, tamén se fixará unha nova data para a andaina.