Skip to main content
Chantada

Chantada xa conta cunha rúa baixo o nome de ‘8 de marzo’ para honrar á muller

Por 15 Novembro, 2023Novembro 16th, 2023Sin comentarios

Chantada xa conta cunha rúa co nome de ‘8 de marzo’ despois de aprobarse por unanimidade no pleno do Concello e facendo así honra ao día internacional da Muller, que se celebra esa data.

Porén, Por Chantada lamenta que esta denominación non fora aplicada a unha “rúa ou praza máis ampla, significada e visible; mudando así tamén os nomes daquelas rúas e prazas que quedaron obsoletos ou desvencellados da denominación tradicional e popular, como a praza España, coñecida por todos como a praza do Cantón”, explican.

Pola súa banda, o PSOE de Chantada, forza política que propuso a moción para cambiar o nome da rúa e que foi aprobada por unanimidade, puntualizaron que na enmenda proposta por Por Chantada, e que foi rexeitada, proponían como primeira opción a Praza de Galicia para mudarlle o nome, e non a Praza de España e para os socialistas “deixar a Galicia sen unha praza non nos semellaba a solución”.