Skip to main content
Chantada

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada finalizará cun acto de clausura o venres

Por 15 Novembro, 2023Sin comentarios

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada 2022-2023 está a piques de finalizar “con moi bos resultados”, tal e como defenden desde o goberno local.

Conformado polos concellos de Carballedo, Taboada, O Saviñao, Pantón, Sober, bóveda, Paradela, A Peroxa, Coles, Cea e Chantada; o seu obxectivo é mellorar a ocupación e a inserción laboral de 100 persoas en situación de desemprego proporcionando, entre outras ferramentas, información, orientación, asesoramento, cursos de formación, etc.

Unha vez coñecidas as demandas do sector empresarial, así coma o perfil e o obxectivo profesional das persoas participantes, realízase un emparellamento de ofertas de traballo entre as empresas e as persoas demandantes de emprego para cubrir as necesidades específicas do mercado laboral.

Desde o goberno local afirman que “houno máis de sesenta as persoas participantes que, dende que comezaron no programa, conseguiron iniciar a súa actividade laboral e a previsión é que esta cifra siga aumentando nos próximos meses froito das accións levadas a cabo no transcurso do proxecto”, sosteñen.

Este Programa Integrado de Emprego 22/23 finalizará cun acto de clausura este próximo venres, 17 de novembro, no Auditorio Municipal do Concello de Chantada no que se fará entrega dos correspondentes diplomas aos participantes.