Skip to main content
Chantada

‘O mundo de Martiña’ será representado no auditorio de Chantada este xoves

Por 20 Novembro, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural Argalleiras de Monforte organiza para o vindeiro xoves, 23 de novembro, unha representación de teatro no auditorio de Chantada.

Trátase da obra ‘O mundo de Martiña’, da man de Bátega Teatro na que actuarán Raquel López Cendán e Pedro Insua, actores de recoñecemento.

Así, a partir das 20.30 horas as persoas interesadas en participar desta actividade, que será de balde, poderán facelo achegándose ao auditorio ata completar o aforo.