Skip to main content
Chantada

As persoas interesadas en aprender gaita e percusión en Chantada xa poden apuntarse

Por 21 Novembro, 2023Sin comentarios

A Banda de Gaitas do Concello de Chantada, coa colaboración da Asociación Val do Asma, convocan prazas para participar dun novo curso 2023-2024 para aprender música no municipio.

Así, as clases serán de gaita e percusión todos os venres a partir das 16.00 horas e na casa da música de Chantada, polo que as persoas interesadas en participar destas actividades deberán abonar unha cota de 30 euros anual máis 15 euros mensual.

Poderán participar delas todos os cidadáns de Chantada e de arredores que lles interese formar parte da música tradicional galega, pero o venres 24 acaba o prazo de inscrición, así que deberán ser rápidos chamando ao 654 595 982.