Skip to main content
Folgoso do Courel

As xornadas de impacto dos lumes no Courel acolleron arredor de 40 participantes

Por 13 Novembro, 2023Sin comentarios

Arredor de 40 persoas participaron das xornadas de impacto dos lumes no Courel, organizadas pola USC e o Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel esta fin de semana.

Foi na Estación Científica do Courel onde se desenvolveron estas xornadas, que comezaron o venres con varios relatorios sobre as afeccións dos incendios forestais ao chan, vexetación, aos servizos ecosistémicos, e a aplicación de ferramentas informáticas como google earth engine para a medición de distintos parámetros nos incendios forestais.

Ademais, na última charla, proxectouse un vídeo onde a dúas persoas do Courel comentaban como foron eses días de incendios e contaron o seu punto de vista como veciños e veciñas da zona.

Pola súa parte, o sábado levouse a cabo unha visita a distintas poboacións do Courel, como Folgoso, Vilamor e Fróxan para ver e explicar as distintas situacións que provocou o incendio e como se actuou nalgúns casos. Xa pola tarde, os participantes foron observar diferentes miradoiros do Courel.

Así, participaron desta iniciativa tanto docentes, alumnos de distintas universidades, axentes ambientais de distintos distritos, como comunidades de montes da zona e persoas das inmediacións.