Skip to main content
Agenda CaducadaMonforte

Monforte acolle unha edición máis o Mercado de Outono

Por 2 Novembro, 2023Novembro 3rd, 2023Sin comentarios

O Concello de Monforte celebra un ano máis o tradicional Mercado de Outono que acolle a Praza de Abastos de Monforte a vindeira fin de semana, concretamente os días 4 e 5 de novembro, un mercado de produtos típicos de outono de tempada que contará ademais con gastronomía, contacontos e diversos obradoiros relacionados co Samaín e cos cogumelos.

O rexedor da cidade, José Tomé, destaca que “con esta actividade contribuímos a poñer en valor os produtos típicos do outono. Por outra parte, potenciamos o comercio local e de proximidade, axudando a dinamizar e crear atractivos comerciais. E tamén dinamizamos os espazos comerciais da nosa Praza de Abastos”.

No espazo dos Mercados da Praza de Abastos, será posible, durante toda a fin de semana, adquirir produtos de tempada, produtos gastronómicos de outono: castañas, cogumelos, noces ou mel así como os produtos elaborados cós mesmos: doces, marmelos ou licores ademais de aceite, embutidos e queixos galegos.

En total serán 12 postos de venda directa deste tipo de produtos. Este mercado de produtos naturais e típicos de outono abrirá as súas portas o sábado 4 de novembro de 10 a 14 horas, e tamén pola tarde, de 17.00 a 20.00 horas e no caso do domingo 5, o seu horario será de 11.00 a 14.00 horas.

Actividades para toda a familia

Dentro do Mercado de Outono o Concello programou actividades dirixidas tanto a nenos e nenas coma a público adulto, tanto o sábado como o domingo.

O sábado, 4 de novembro, de 12.00 a 13.30 horas terá lugar un obradoiro do Samaín para nenos/as e decoración de cabazas e de 18.00 a 19.00 horas celebrarase un contacontos con Iseo A Moura “De cea cos difuntos”, mentres que as 19.00 terá lugar un showcooking “Cociña de cogumelos” ata as a 20.30 horas.

Pola súa parte, o domingo 5 de novembro de 12.00 a 13.30 horas haberá un obradoiro de cultivo de cogumelos.