Skip to main content
Monforte

Monforte celebrou a segunda edición da súa carreira solidaria contra o cancro

Por 27 Novembro, 2023Novembro 28th, 2023Sin comentarios

Este domingo, Monforte acolleu a II Carreira e Andaina Monforte en Marcha contra o Cancro, evento deportivo e solidario dun percorrido de 5 quilómetros que tivo saída e chegada na Praza da Compañía.

A concelleiras de Muller e Igualdade, Margarita López, Sanidade, Drogodependencias, Tráfico e Mobilidade, Pilar Espinosa, e o concelleiro de Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz participaron na cita, acompañando á presidenta da Asociación Española Contra o Cancro na provincia de Lugo, María Luz Abella, así coma outras integrantes da asociación e membros da corporación municipal.

O evento comezou ás 12 do mediodía nun circuíto urbano de Monforte. “Dende o Concello, a través da Concellería de Deportes, colaboramos coa Asociación contra o Cancro no deseño do percorrido desta carreira, no que participaron tanto o Técnico de Deportes como a Policía Local”, recordou Margarita López.

Ademais, o Concello tamén se proporcionou o servizo de ambulancia e as vallas necesarias para delimitar o circuíto deseñado para a iniciativa de carácter benéfico, que contou con categorías masculina e feminina cun primeiro, segundo e terceiro premio para cada unha. A Policía Local colaborou no corte e vixilancia do tráfico daquelas rúas polas que transcorreu a carreira: Francisco Moure, Paseo de Lugo, rúa Carude, San Lázaro Reboredo e Dalmiro de la Válgoma.

O Concello de Monforte leva a cabo unha colaboración constante que se traduce na cesión de 3 locais para dita asociación, desde os que atenden a enfermos e familiares relacionados con esta enfermidade. Do mesmo xeito, o Concello participa e colabora en todas cantas actividades desenvolven na cidade do Cabe.