Skip to main content
Pantón

A obra de teatro ‘O carón das palabras’ representarase en Pantón o 5 de novembro

Por 1 Novembro, 2023Novembro 26th, 2023Sin comentarios

O Concello de Pantón ofrece unha nova proposta para os amantes da arte escénica. O vindeiro 5 de novembro o salón de actos da Casa da Cultura acolle a obra de teatro ‘O carón das palabras’.

O grupo Metátase Teatro será o encargado de poñer en escena a representación a partir das 18.00 horas. A iniciativa forma parte do programa Outono Cultural Teatro.

Metátase Teatro naceu en Palas de Rei como unha entidade cultural que perseguía achegar a manifestación teatral dos autores contemporáneos a todos os públicos.