Skip to main content
Pantón

Ubú Teatro representará a súa obra ‘Mudanzas’ este domingo en Pantón

O grupo de teatro Ubú Teatro, de Lugo, trae ata o salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Pantón a súa obra ‘Mudanzas’ o vindeiro 12 de novembro a partir das 18.00 horas.

Esta será outra das actividades nas que poderán participar veciños e veciñas do municipio de Pantón de forma gratuíta para amenizar os meses de outono e inverno.

Ubú Teatro tamén estará o 29 de decembro con esta mesma representación teatral no centro sociocultural de Bóveda.